¿ O CAPÓN DE VILALBA ?
Denomínase capón de Vilalba o polo macho castrado cirurxicamente antes de ter acadado a madurez sexual e sacrificado a unha idade mínima de 150 días.
Unha vez castrados, os capóns deberán pasar un período mínimo de engorde de 77 días
Calidade Vilalbesa
O Capón de Vilalba ten fama e renome dentro e fóra de Galicia, sobre todo Madrid, Barcelona, Bilbao e incluso viaxa a Alemaña, Bélxica, Francia, Reino Unido,…
OS NOSOS CRIADORES
Poñemos a túa disposición unha listaxe dos nosos criadores para que podas mercar con total seguridade e garantía un capón de calidade Vilalbesa.
A FEIRA
A FEIRA DO CAPON EN VILALBA
Os exemplares de Capón de Vilalba véndense na feira anual que se celebra antes da noiteboa. Cada feira, ducias de cestas con capóns ateigan a entrada ó recinto feiral. Dentro desta feira tamén se fan entrega de 3 premios: mellor criador,mellor cesta, e por último, ó mellor par.