Inicio
Concello de Vilalba
Historia do Capón
Guía do Capón de Vilalba
Comercialización
Garantía de calidade
Proxectos de futuro
Galería de imaxes
Contacte con nós
 

HISTORIA DO CAPÓN

Introducción sobre os galos:

A data de domesticación do galo descoñécese. Se sabe que todas as razas de galos que hai hoxe proceden dun, o Galo de Bankiva, procedente do sudeste asiático. Podía terse producido no ano 3.200 a.C., pero parece ser que ocorreu na India 2.000 anos a.C. Había galos domésticos en China no 1.400 a.C. e chegaron ó sur de Europa uns 700 anos a.C. A evidencia de restos arqueolóxicos tales como cerámicas, figuriñas, moedas e mosaicos suxiren que estas aves se gardaban con fines relixiosos e para sacrificios, aínda que tamén se usaban para pelexas de galos. Máis tarde foron valoradas pola súa capacidade para poñer ovos; segundo Aristófanes, cada ateniense, incluso os máis pobres, coidaban galiñas para ter ovos. Parece ser que foron os gregos os que inventaron o capón ou galo castrado, para cebalo, pero a alimentación a base de polos non se desenvolveu economicamente ata o século XIX.

En civilizacións primitivas, os galos eran símbolos mitolóxicos pola súa capacidade de establecer unha organización xerárquica. As galiñas eran un símbolo de fecundidade, pola súa facultade de poñer ovos. Por outra banda, os galos eran símbolo de erotismo e saúde, polo seu característico e peculiar cortexo.

 

O capón:

A palabra capón deriva do grego kapón e o dicionario de lingua española defíneo como “ hombre o animal castrado, pollo que se castra cuando es pequeño y se ceba para comerlo, al capón de leche y al cebado en caponera ”.

A tradición do capón é antiquísima, aínda que por diversas causas, hai xeracións de consumidores e de avicultores que non a coñeceron. Os amantes da gastronomía da antigüidade, xa coñecían as características da carne de capón, segundo se desprende da que parece ser a máis remota mención deste, a que figura no Pentateuco, o máis vello texto da colección bíblica que se coñece. E Aristóteles, gran pensador, filósofo e estudioso das ciencias naturais, xa escribía na súa Historia Animalum sobre a arte da preparación do capón e a exquisitez da súa carne.

Temos referencias históricas ó capón en libros como El libro de Buen Amor de Juan Ruíz, Arcipreste de Hita (século XIV); El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha de Miguel de Cervantes, (ano 1615); La historia del Buscón llamado don Pablos de Francisco de Quevedo... Na literatura galega tamén podemos atopar referencias, así temos El Eco de Vilalba de Manuel Mato Vizoso, 1908; Cocina Gallega de Álvaro Cunqueiro, 1987... por citar os máis importantes.

En tempos pasados o capón era moeda de curso legal. O seu uso máis estendido era o de pago de favores. Na actualidade aínda é posible atopar zonas onde o pago de rendas con capóns segue vivo.

A lexislación comunitaria dinos que se entende por capón: “polo macho castrado cirurxicamente antes de ter acadado a madurez sexual e sacrificado a unha idade mínima de 150 días; unha vez castrados, os capóns deberán pasar un período mínimo de engorde de 77 días” (Regulamento CE nº 1000/96 da comisión do 4 de xuño). Segundo esta definición, todo exemplar que se queira etiquetar baixo a denominación de capón ten que pasar por unha castración cirúrxica e exclusivamente polos métodos autorizados polo órgano de control. Para este punto designarase un persoal autorizado e só el será quen poida levar a cabo a castración dos exemplares que se etiqueten baixo o nome de Capón de Vilalba.

O Capón de Vilalba ten fama e renome dentro e fóra de Galicia, sobre todo Madrid, Barcelona, Bilbao e incluso viaxa a Alemaña, Bélxica, Francia, Reino Unido,...

As referencias históricas remontan a existencia da Feira do Capón case ós 200 anos de antigüidade, xa que nos libros do concello aparecen anotacións do ano 1835.